xoves, 26 de xuño de 2014

Adiviñamos os aprobados nas oposicións ao concello de Pereiro. Sentímolo polos case 500 que botastes a instancia


nomeamento no BOP de Ourense do 24 de xuño de 2014
Xa temos resposta ao noso enigma do 28 de marzo: xa sabemos quen son as agraciadas do proceso selectivo para ser funcionario para toda a vida no Concello de Pereiro de Aguiar!



Dito día depositamos ante Notario o noso “augurio” dos que serían agraciados; e a verdade... acertamos 4 de 5! 


A quinta escapóusenos por pouco. E iso que ía na candidatura do alcalde para as eleccións municipais do 2007!





No Boletín Oficial da Provincia de Ourense de 24 de xuño aparecen os nomes das agraciadas, que podedes cotexar coa nosa predición.

Tal e como nos propuxemos na nosa fundación, pretendemos, no noso tempo libre, sinalar co dedo a inxustiza e o descaro co que se opera na nosa provincia.

acta notarial do 28 de marzo de 2014
Dos 475 opositores inscritos ás devanditas oposicións en Pereiro, queremos dirixirnos a 470. Á maioría silenciosa que ten que aguantar que se rían de nós: É posible que moitos dos que vos presentastes acabedes aprobando algunha oposición, pero , case seguro, será fóra de Ourense. Non seredes os menos preparados, pero sodes os que menos amigos tedes no poder.

Se pensas que se pode facer algo, bótanos unha man e participa!


ADIVIÑAN CATRO DOS CINCO APROBADOS NAS OPOSICIÓNS AO CONCELLO DE PEREIRO DE AGUIAR

- A previsión fora rexistrada nunha notaría ourensá o pasado 28 de marzo de 2014 por membros da asociación Foro Cívico Progresista.

- O nomeamento dos novos funcionarios foi publicado no BOP de Ourense o martes 24 de xuño de 2014, errando o colectivo nun dos cinco nomes  augurados.

- O alcalde do municipio ourensán, Eliseo Fernández, ostenta o cargo dende 1987.


Ourense, 26 de Xuño de 2014

        Esta mañá no Ateneo de Ourense, membros da asociación Foro Cívico Progresista (FCP) fixeron pública unha acta notarial na que enumeraban o nome das cinco persoas que conquerirían, a posteriori, as cinco prazas de funcionario/a de carreira, na categoría de auxiliar administrativo, convocadas polo concello de Pereiro de Aguiar o pasado 25 de agosto de 2013. As bases do proceso selectivo foran modificadas, xa, en setembro do mesmo ano, tras recursos presentados polo excesivo peso da fase de concurso que, finalmente, sería suprimida, resultando un proceso con fase, soamente, de oposición para o cal presentaron instancia máis de 475 persoas. Posteriormente, o 15 de febreiro de 2014, tres días despois de constituir un tribunal formado, case na súa totalidade, por funcionarios da Deputación de Ourense, tivo lugar o primeiro exame, que deu lugar ás sospeitas.

O “augurio”, explicou Javier Rey, voceiro do colectivo, foi depositado ante notario o 28 de marzo de 2014, antes do segundo exercicio do total dos tres que conformaron o proceso, tras diversas sospeitas manifestadas ao FCP por varios opositores que suspenderan o primeiro exame. No documento rexistraron o nome de cinco persoas, entre as que non se atopaban, sintomáticamente, os opositores que obtiveron maior puntuación nese primeiro test, senón persoas próximas ao alcalde e ao Partido Popular .
Finalizado o proceso e publicado o nomeamento como funcionarias de carreira no Boletín Oficial da Provincia do 24 de xuño de 2014, o cotexo co augurio depositado ante notario por membros do FCP amosa un acerto en catro dos cinco aprobados. Porén, a quinta das aprobadas, que non figuraba no augurio, Mª del Pilar Conde Lorenzo, integrara a lista do Partido Popular nas municipais de 2007 en Pereiro de Aguiar, encabezada polo actual alcalde, Eliseo Fernández, no cargo dende 1987.

A iniciativa, explica Javier Rey, “pretende pór de relevo o xeito en que se desenvolven as relacións de poder na provincia de Ourense, caracterizadas pola falta de transparencia, a discrecionalidade, a ausencia absoluta de respecto á cidadanía e na que todo depende de a quen coñeces e do que che deben.”


A asociación Foro Cívico Progresista, explica Rey, que foi presidente da “Casa da Xuventude” de Ourense entre 2004 e 2006, “é un colectivo formado por persoas con traxectoria no movemento asociativo, de esquerdas – unhas con militancia política e outras non -  que pretende canalizar, sorteando as dificultades das dinámicas partidistas,  as inquedanzas e as indignacións daqueles que, sendo maioría, están a ser humillados por uns poucos, como as decenas de opositores que se presentaron a este proceso en Pereiro.”


Javier Rey, voceiro, e Jonathan Da Silva, membro da asociación

venres, 28 de marzo de 2014

¿Quen aprobará finalmente as oposicións convocadas polo Concello de Pereiro de Aguiar?


Esta mañá, coa inestimable axuda do recoñecido prestidixitador Xan dro Rei, puidemos depositar ante notario a nosa previsión.


Xan Dro, coas súas gafas biónicas


As bases foran publicadas en agosto no BOP da provincia de Ourense e, tras recursos de reposición, modificadas en setembro de 2013. Dun concurso-oposición pasouse a unha oposición pura con catro exercicios. 45 temas para cubrir cinco prazas de funcionarios/as de carreira como auxiliar administrativo (grupo C2). Até aí, todo correcto, non?

O tribunal anunciouse o 11 de febreiro de 2014: 

- Presidente:

Titular: D. José Luís Suárez Martínez, jefe del Servicio de Recursos Humanos de la Excma. Diputación Provincial de Ourense.

Suplente: D. Javier Martínez de Anta, jefe del Servicio de Inversiones, Subvenciones y Patrimonio de la Excma. Diputación Provincial de Ourense.

- Vocales:

Titular: D. Manuel Valentín Pérez Nieto, adjunto al xefe del Servicio de Recursos Humanos de la Excma. Diputación Provincial de Ourense.

Suplente: Dª Mª del Carmen Fernández Gómez, jefa de la Sección de Gastos del Servicio de Intervención de la Excma. Diputación Provincial de Ourense.

Titular: Dª María Rosario Fernández Gómez, auxiliar del Negociado de Administración y Control de la Excma. Diputación Provincial de Ourense.

Suplente: D ª María Ángela Garrido Movilla, jefa del Negociado de Administración y Control de la Excma. Diputación Provincial de Ourense.

Titular: Dª Mª Carmen García Pérez, secretaria - interventora del Ayuntamiento de Sarreaus, (Ourense).

Suplente: D. José Antonio Blanco Pérez, jefe del Negociado de Obras e Infraestructuras de la Excma. Diputación Provincial de Ourense.

Titular:: : D. Santiago Mansilla Vázquez, secretario - interventor del Ayuntamiento de San Cristovo de Cea (Ourense).

Suplente:Dª Mª José Laso Dopazo, auxiliar del Ayuntamiento de O Pereiro de Aguiar (Ourense).

- Secretario/a:

Titular:: Dª María Isabel Colmenero Veloso, secretaria - interventora del Ayuntamiento de San Cibrao das Viñas (Ourense).

Suplente: D. Plácido Álvarez Dobaño, secretario - interventor del Ayuntamiento de O Pereiro de Aguiar (Ourense

Tralo primeiro exame, un tipo test celebrado catro días despois, o 15 de febreiro de 2014, ao que se presentaron preto de 150 opositores, só 28 aspirantes seguiron con vida. Mañá terá lugar o segundo exercicio, e aínda faltarán outros dous. 

Nós, mediante asistencia técnica contratada ao gabinete astrolóxico de Xan dro Rei, tivemos acceso a espíritos omniscientes capaces de presaxiar os resultados futuros, e así os manifestamos ante notario a día 28 de Marzo de 2014.

Sen embargo, esperamos trabucarnos - weno; Xan Dro non - e que finalmente aproben aqueles que realmente o teñan merecido.

Anexamos a continuación imaxe da acta notarial, coa debida discreción neste momento do proceso.




Nunhas semanas sairemos de dúbidas.