![]() |
nomeamento no BOP de Ourense do 24 de xuño de 2014 |
Xa temos resposta ao noso enigma do 28 de marzo: xa sabemos quen son as agraciadas do proceso selectivo para ser funcionario para toda a vida no Concello de Pereiro de Aguiar!
Dito día depositamos ante Notario o noso “augurio” dos que serían agraciados; e a verdade... acertamos 4 de 5!
A quinta escapóusenos por pouco. E iso que ía na candidatura do alcalde para as eleccións municipais do 2007!
No Boletín Oficial da Provincia de Ourense de 24 de xuño aparecen os nomes das agraciadas, que podedes cotexar coa nosa predición.
Tal e como nos propuxemos na nosa fundación, pretendemos, no noso tempo libre, sinalar co dedo a inxustiza e o descaro co que se opera na nosa provincia.
![]() |
acta notarial do 28 de marzo de 2014 |
Se pensas que se pode facer algo, bótanos unha man e participa!
Ningún comentario:
Publicar un comentario